Molinos

Gigantes en Castilla

sexta-feira, 3 de setembro de 2010

¡Oh, Gran Vía!

Levo case un ano vivindo en Madrid e parece incríble que non teña escrito algo así ata agora. De feito, desde aquela terceira entrada antes de marchar a Lisboa, non volvín falar de quen vive na rúa. 

O que vos dicía, que despois de case un ano, andei a Gran Vía milleiros de veces. Este ano, para ser mais exactos, é o centenario desta mítica calle madrileña (esta debe ser a frase que mais se repetiu durante os últimos oito meses de celebración) e as festas conmemorativas apareceron en todos os telexornais rexionais. Telemadrid publicou no último ano decenas de reportaxes, con famosos falando da 'súa Gran Vía', concertos, actividades... 

Hoxe, voltando do Parque del Oeste, tiven que percorrer toda a rúa: desde Plaza de España ata o edificio Metrópolis. 

Plaza de España
Os rapaces fan botellón (que, ao parecer, non está tan prohibido aquí) e entre eles os chinos e chinas ambulantes venden cervexa, auga, tallarines e prácticamente o que lles pidan. 

Teatro Compact Gran Vía
Anuncian un espectáculo de ballet e varias películas de rabiosa actualidade. Aos pes durmen dúas persoas: un home cun can, uns cartóns e sen manta e unha muller obesa tapada cunha papel de aluminio dourado, dos que se usan os das ambulancias para tapar cadáveres. 

Callao
Nos escaparates do hotel Vinci hai unha muller sentada. Extremadamente delgada e parece que está durmindo en posición yogui. Pasamos o cartel da película Sexo en Nueva York e do outro lado, noutros escaparates hai outros dous homes durmindo, ambos cun saco. 

Edificio Telefónica
Crúzase coa rúa Montera (na esquina con Gran Vía hai un McDonals), pero xa na vía principal vemos a mulleres sudamericanas que se prostitúen ao laracho. A primeira metade de rúa Montera é mais do mesmo. 

Edificio Metrópolis
Nos cruces de Gran Vía con Alcalá, un rapaz pasa o día cos seus dous cans. Durme ao 'calor' do Círculo de Bellas Artes (na rúa Alcalá)

Non é que vaia mudar nada con este texto trapalleiro e bastante hipócrita (escribo desde a miña casa, quentiña ou queixándome da calor que vai), pero se xa me encheron os ghuevos cos cen anos da Gran Vía, o paseo de hoxe foi como unha hostia ben dada. E iso que só fun por unha das beirarrúas... 


(Aute non aguanta este coñazo de Madrid)

2 comentários:

  1. Sigo tu blog y me parece muy interesante todo lo que escribes, pero queremos más entradas! :)
    Unha preguntiña: que significa "ao laracho"?
    Grazas e segue así :)

    ResponderEliminar
  2. Graciñas a ti, señor/a anónimo/a :-)

    Ao laracho non o din atopado por ningún lado, pero é a forma en que o meu avó di "a la intemperie"

    Unha aperta

    ResponderEliminar

a ver, princesa, dime...